Ameaza de seca

A declaración da Comisión de Nacións Unidas sobre Dereitos Económicos, Sociais e Culturais de que a auga é un dereito indispensable para unha vida digna e condición previa ao respecto dos outros dereitos do home, é unha manifestación aberta sobre a preocupante situación deste recurso natural. Segundo o World Water Council, no 2015 uns 3.500 millóns de persoas vivirán en lugares onde escaseará a auga. Para entón, non menos do 40% da poboación africana terá un acceso desaxeitado ao auga, mentres que a porcentaxe en América Latina será do 20%.

En 2100 prevese que o nivel do mar aumente entre 9 e 88 centímetros. O mar poderá invadir litorais moi poboados de países como Bangladesh e incluso provocar a desaparición dalgunhas nacións, como as Maldivas. Entre as alteracións do ciclo natural do auga, entre outras, haberá tamén disminución de graciares e mantos de neve que afectaría ás rexións fornecidas pola auga de fusión resultante e habitadas por máis dunha sexta parte poboación mundial.



Os días do auga, fotografía de Emilio Blanco

Comentarios

Publicacións populares