Sinto que todo cala cando o silencio é vivo.
Unha folla caindo. Un espello crevándose.
As choivas que barullan nos transparentes vidros.
As pedriñas e as ondas dos musicales ríos.
As voces da soedade no infindo conversando
co bruído dos mares, seus fortes canturíos.
Cando o silencio vibra escoito os soerguidos
acentos que traspasan as queimantes verdades,
e das ánforas fuxen os espectros dormidos.
E os ecos apagados de antergos paraísos
que traen os deuses celtas dos fúnebres trasmundos
érguennos na memoria nomes inesquecidos.

Desmemoriado río
Pura Vázquez (1918-2006)
Fotografía e imaxe de © Sam Rock
Comentarios