Cantares
Que ninguén queira ensinarme
ónde ei de buscar a frol,
cómo ei de beber o viño,
cándo ei de tomar o sol.
Que nadie queira ordearme
as preces que ei de rezar,
os libros que debo ler,
os vítores que ei de dar.
O que sei seino de abondo
dende o comezo ate o fin.
Sei do dia, sei da noite,
sei da historia que vivín.
Na vella sabiduría
do meu sangue, adeprendín
que a morte lévoa conmigo
dende o día que nacín.
Que ninguén
sabe ren
da alma de cadaquén.
Que ninguén queira ensinarme
ónde ei de buscar a frol,
cómo ei de beber o viño,
cándo ei de tomar o sol.
Que nadie queira ordearme
as preces que ei de rezar,
os libros que debo ler,
os vítores que ei de dar.
O que sei seino de abondo
dende o comezo ate o fin.
Sei do dia, sei da noite,
sei da historia que vivín.
Na vella sabiduría
do meu sangue, adeprendín
que a morte lévoa conmigo
dende o día que nacín.
Que ninguén
sabe ren
da alma de cadaquén.
Onde o mundo se chama Celanova
Celso Emilio Ferreiro (1912-1979)
Adicado a Antonio, sit tibi terra levis
Mediodía, foto de Sam Rock
Comentarios