É noite pechada e chove miudiño
Nas lousas de pedra,
ó longo da rúa
escura e deserta
estoupan as pingas
que deitan as tellas.
Ó través dos ferrollos das portas
o vento salaia o dor d-unha queixa
Lonxana, a voz rouca
dun can de palleiro que oubea.
No medio da rúa,
como folla de aceiro, sangrenta,
unha raia de luz roxa, ardente,
que sai da taberna.


Ramón Cabanillas



Mércores borralleiro, fotografía de Sam Rock



Comentarios

Publicacións populares