Continente e contido

Arte nun mosteiro de orixe medieval na provincia de Lugo e nunha casa grande da comarca ourensá de Valdeorras. O primeiro é o mosteiro de Samos do que hai noticias que o sitúan xa no século VII. Os que fagan o camiño xacobeo teñen como paso a poboación na que se asenta a abadía na que moraron, entre outros ilustres persoeiros, Benito Jerónimo Feijóo.

A segunda, a casa grande de Viloira, foi construída en 1637 e os seus donos foron a familia Quiroga. De feito, a escritora Elena Quiroga pasou tempadas nese espazo, hoxe adicado a dependenzas oficiais.




Fotografías de © Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares