Filla do vudú

Sabemos que eras filla do vudú
e que naciches cando a neve ardía
venus de imaxes fuxidías e cambiantes
reflectidas en líquidos visgosos
melaza ron e leite carne quente
mesturándose coa febre das esperas rotas
acreditamos que naciches prá vertixe
vatios fulgor sementes e loucuras
non tiñas máis recompensa que o desprezo
e teu nome pra sempre tatuado
imposíbel de borrar das nosas almas
tan poético aborrecido como a vida
danzamos o candomblé no mardi-grass
baixo o fungar monótono dos coiros
ti xurdiches daquelas labaredas
coa forza toda da noite e mais do lume
eras filla do vudú sabiamos
que amarte sería perder toda inocencia


Flor no deserto
Ramón Caride Ogando


Fotografía de Uwe Ommer

Comentarios

Publicacións populares