A neve febreiriña

A neve febreiriña pica a galiña... De cando en cando asoproba con forcia o vento que viña da serra e logo folerpeaba un bon ratiño. A neve, outramente, non callaba por habere moito lentor no chan. Eran días de moita friaxe. Estábase moito millor na casa que troulando polas corredoiras cheas de bulleiro. Así me leve Dios como me levaba cuasemente unha hora andar un kilómetro.

Pra iso se inventaron os cabalos... Andando de inverno por unha corredoira sábese ben cando val dispoñer dunha boa besta, dispensando o leutor.


¡Difuntámo-la botella!
Ánxel Fole (1903-1986)



Fotografías pirenaicas de Emilio Blanco

Comentarios

Publicacións populares