O recuncho de Antonio Vidal

De pequeno cando era fume no vento, sempre mirei con envexa aos mozos e mozas que entraban na pista de baile de San Clodio. O balado dese espazo mítico era como as murallas de Xericó que non podíamos derrubar coas nosas imaxinarias trompetas. Por iso, unha das maneira de achegarnos antes de tempo a tola xuventude, era escadar polo muro para ver que se facía no interior daquel castelo encantado. Anos despois, xa dentro, sentín o trote dun corazón desbocado pola presenza daqueles ollos verdes...

Pasou o tempo, como pasaron xuventude, nenez e aquela mirada de esmeralda, mais queda esta fotografía do Vidal sempre atento a captar a ledicia do momento, sobre todo para esas rapazas vestidas de domingo que bailan en compaña e baixo o fondo dunha música que seguramente lles soaría a celestial.






Grazas a Pablo Vidal pola súa xenerosidade

Comentarios

Publicacións populares