A praia fluvial de San Clodio é un dos lugares máis concorridos durante os meses de verán. Ten unha amplia zona de baño e dispón dun anfiteatro onde se realizan actividades socioculturais ao longo do ano. Preto do anfiteatro está situado o Parque Biosaudable, onde os maiores fan gimnasia en aparatos adaptados para eles.
Na proximidade da zona de baño hai un merendeiro que está aberto todo o ano e estase a construir unha zona de barbacoas.
Información do Concello de Ribas de Sil
Almorzo na praia fluvial, fotografía de Pablo Vidal
Comentarios