Vinte anos máis para Peggy
Antes de nada, perdoa Carlos, perdoade amigos de Ourense. Este tempo asasino que nos persegue non nos deixa nin en paz para ter uns momentos coa xente entrañable que se pode escoitar música, falar e beber algo. Un que mira cara atrás con noxo a miúdo, nesta ocasión sentiu un nó na garganta ao ver tantas caras coñecidas, incluso exclamei: Como pasa o tempo!
Dúas décadas quedan atrás desde aquela viaxe a Madrid para mirar o mercado discográfico e de paso traer algúns discos. Aínda o vinilo pegaba, mantíñase contra vento e marea diante da ameaza do CD. Pero o importante é ver que Peggy Records está viva e mellor que nunca, como aquela canción do larguirucho Winter.

Vin as fotografías da celebración e imaxes que peguei aquí. Carlos xa vexo que os túas afeccións teñen continuidade xenética. Luís, é unha ledicia verte aínda que sexa en fotografía, non esquezo a túa profesionalidade na comunicación e a túa compaña en días de soedade; Charly, que noites a daquel lobo urbano, onde podía ouvear tamén dende o fondo da alma negra. Carlos Rego, xa vexo que a vosa Cosecha Roja é unha das mellores engadas que se poden desgustar dos pipotes máis exquisitos do rock. Vaia o meu saúdo tamén aos restantes membros do grupo ourensán. Daniel, o rock non só se escoita, hai que palpalo. Tamén andas por ahí Jesús, non perdes as boas aficións, e eu non esquezo a túa liberalidade ao deixarme fuchicar no teu programa de radio. En fin “moitas mamorias” e unha forte e garimosa aperta a todos e todas que estiveron e os que non puideron, entre eles eu.
Carlos agora que ti eres o Gary Cooper de Peggy Records, espero que polo menos sigas ahí outros cen anos máis, eso sí repartindo música e non balas, e que todos o poidamos ver.
P.D. Vai unha imaxe miña, da semán pasada, celebrando o vinte aniversario de Peggy Records despois de recibir a mensaxe de Carlos. Como vedes non se me caíron os guechos pero están blancos, cal ugly roqueiro. No é unha foto de José Feliciano con perruca. Son eu entonando unha canción de Neil Young: Hey hey, my my
Rock and roll can never die, que foi adicada, insisto a todos e todas, amigos e amigas de Ourense.
Rock and roll can never die, que foi adicada, insisto a todos e todas, amigos e amigas de Ourense.
Comentarios