A araña e a sabedoría

Á araña Kwaku Anansi, de venerable memoria, dáballe moita rabia que os homes fosen sabios. Así que, un bo día, decidiu recompilar toda a sabedoría deste mundo e conservala para seus descendentes. Colleu un tarro de arxila e deixouno nunha esquina da súa casa coa intención de enchelo de sabedoría.
A partir de aquel día dedicouse a facer preguntas a todo o mundo e, sempre que recibía unha resposta intelixente, ía a seu tarro, destapábao, repetía a resposta coma se quixese deixala no seu interior e volvía a tapalo.


Ao cabo duns anos pareceulle que o cacharro xa estaba cheo, que xa contiña toda a sabedoría deste mundo. Pero entón tivo medo de que llelo roubasen, así que pensou nun lugar onde agochalo. Tras reflexionar moitas horas, talvez incluso días, decidiu ocultalo entre as gallas dunha árbore, que estaban cargadas de follas.


Kwaku Anansi atouse fortemente o tarro á barriga e procurou subir á árbore que escolleu previamente con moito coidado. Pero por moito que intentouno non foi capaz. O tarro e a barriga pesaban. Anansi non quería desistir do seu propósito, así que se pasou tres días intentándoo.


Ao terceiro día pasou a lebre, que observou, divertida e curiosa, os inútiles intentos de Anansi por subirse á árbore. Pensou que talvez lle podía botar unha man, así que se achegou, amablemente deulle os bos días e ao momento preguntoulle:


-Que levas nese tarro?
-Non te pódoo dicir -respondeulle Kwaku Anansi-. Se te dixéseo, morreriamos as dúas.
-Entón é mellor que non mo digas. Pero vexo que queres subir á árbore co tarro atado á barriga. Así non poderás. Sería mellor que o atases ás costas.
-Como? -dixo Kwaku Anansi coma se recibise unha ducha de auga fría-. Eu cría haber acumulado toda a sabedoría deste mundo dentro do meu tarro de arxila e resulta que aínda hai quen sabe cousas que eu non sei. E desatouse o tarro e lánzouno con tanta forza contra a árbore que escachouse en mil pedazos.
-É mellor que a sabedoría se reparta por todo o mundo- dixo, con toda a rabia, Kwaku Anansi.


E paseniño, pero decidida, tornou á súa casa.

 
Conto popular de Ghana
Recollido no libro A volta ao mundo en oitenta días (Círculo de Lectores)
Albert Jané-Judit Morales-Adrià Gòdia



Fotografía de ® Sam Rock


Comentarios

Publicacións populares