Isidros e chulapas

O 15 de maio, gran festa madrileña: o día de San Isidro, patrón da vila. A romaría de San Isidro, na pradería do santo á que se ía polas pontes de Toledo e Segovia, pero tamén polo pontón de pagamento que cruzaba o río. Misa, procesión alrdedor da ermida, rifa de roscas e poxa de bailes, na que quen máis pagaba era o que bailaba coa señorita cuxo baile se subastaba, a beneficio das xentes pobres. Un detalle de San Isidro era o comprar nos postos unha campaniña de barro. A romaría do santo duraba varios días, ata empalmarse coa de San Antonio da Florida.

Leyendas y misterios de Madrid
José María de Mena (Córdoba, 1923)

Fotografías sobre murais de cerámica no casco histórico de Madrid. Sam Rock

Comentarios

Publicacións populares