OURO E PRATA



Leite e mel

De ouro e prata é o outono
Brandos e tenros son os seus ceos
Si e non, as respostas
Escritas nos ollos do meu verdadeiro amor

O outono remata, empeza o inverno
Penso seguir cara adiante
Teño que deixala, atopar outra
Debo cantar o que dita o corazón
 
Xirando como esfera de lume
Todas as estacións: un, dous e tres
O outono vén, despois o inverno
A primavera vaga libre ao nacer

Ouro e prata queiman o meu outono
Demasiado pronto apágase e desaparece
E entón sei que non haberá outro
que as súas mentiras foron como leite e mel.


Jackson C. Frank  (1943-1999)
Pinturas de Philipp Franck

Comentarios

Publicacións populares