Lévote ao río

Fai anos pasear pola marxe do Sil era unha de miñas afeccións preferidas. Lembro aínda a auga cristalina, o verde do arboredo próxima ao río, o resplandor dos raios do sol rebotados na superficie e, de vez en cando, o chouto dos peixes ou dunha londra solitaria.

 Pero pasaron os anos e os ríos galegos, sobre todo os que máis me tocan a alma, non están nos seus mellores momentos. A praga das pizarreiras no seu día creadoras de emprego, hoxe de destrución do medio e xeradoras de paro e montañas de entullo;  as verteduras incontroladas benditas por concellos de todas as cores e a solta de fauna foránea contribuíron a que as ribeiras do Sil aparezan enfermas a pesar do aparente lucido aspecto exterior.


Vaia para todos os que axudan á destrución das cuncas fluviais o peor desexo para súas hipócritas vidas, incluídas as dos titulares das empresas hidroeléctricas que agora tratan de vender o moto ecolóxica, cando nunca fórono e asentáronse grazas á ditadura e a prepotencia do diñeiro co fin de levarse a enerxía para outros lugares, e de paso cobrala a prezo de diamante. E, por si fora pouco, andan a ver se poden meter a zarpa no pouco que queda libre nos esquilmados ríos. Prego a Santa Xunta de Galicia que dunha vez por todas se molle nas agradecidas augas dos nosos ríos, para a ver si se afoga dunha vez por todas pola súa ineficacia á hora de atender os elementais plans de vida da poboación que saquea.


Fotografías de © Roque Soto



Comentarios

Publicacións populares