O recuncho de Antonio Vidal
A relixiosidade está presente no pobo galego dende tempos inmemoriais. Neste caso párome nunha celebración que non me é allea e teño comprobado por toda a península ibérica, incluido Portugal: a procesión coa imaxe da virxe. Neste caso a imaxe que estivo todo ano na igrexa é levada en procesión dende o templo para paseala polas rúas da vila e logo voltala outra vez a igrexa. Na procesión participan o cura párroco, devotos que levan en andas a virxe e veciños e veciñas do lugar e tamén doutros sitios, según sexa a sona milagreira da santa. Durante o percorrido vaise rezando algunhas oracións e cantando estrofas en nome da virxe. As procesión teñen, por certo, una estructura que non imos a esplicar polo longo que se faría, como tampouco falaremos doutros elementos rituais que, de sobra, son coñecidos polas personas que cada ano renovan os seus votos ás virxes, tanto as de igrexias como as situadas en santuarios.
Imaxe de procesión mariana nos anos 50 en San Clodio (Ribas de Sil-Lugo)
Grazas a Pablo Vidal pola súa colaboración
Comentarios