Navegante da noite, ven.
Ven en silencio polos silandeiros recantos,
que cercan a auga e as sombras.
Vexo nos teus ollos unha estrela lucente
e nos teus beizos unha cunca de mel.
E as túas mans tremas na altamar do meu corpo,
e abren maresías de vida no meu corazón.
Ven. Deixa os mastros e o temón ao destino,
e camiña comigo sobre da proa solitaria
da barca lourida da miña ilusión.
Dúmete aquí. A carón de min. Xunto ao costado do mar.
Na altamar, na altanoite, dareiche fitas de amor.
Unha flor esplendente, inqueda.
Un amor sinxelo, simple, elemental,
como unha pomba tremente
que se pousara un intre
na ponla laurenta dos teus brazos.
Chove sobre mollado. Fotografías de Sam Rock en recordo da poetisa ourensá.
Comentarios