O Día das Letras Galegas de 2010 vai a estar dedicado a Uxío Novoneyra

O pleno da Real Academia Galega, en sesión ordinaria, acordou dedicarlle ao poeta Uxío Novoneyra (1930-1999) o Día das Letras Galegas de 2010. A candidatura do poeta lugués do Courel impuxose por unanimidade, fronte as propostas de Carballo Calero e Lois Pereiro. O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, recoñeceu que Novoneyra ten "méritos contraídos" para que se lle dedique o vindeiro 17 de maio. Foi, dixo, un "excelente poeta, galeguista e profundamente democrático".
Sobran as palabras desde este blog que inclue unha imaxe dos montes do Courel, feita por Sam Rock, e un poema do libro Do Courel a Compostela 1956-1986, acompañado dun caligrama orixinal do escritor.


Comentarios

Publicacións populares