A Emilia

Nas noites tropicais, ao longo das estrelas,
Sob da soma, nós dous, das imáxes amadas,
debullamos nas ondas novos sonos e arelas
Antre peixes voadores e orquídeas salgadas.

Os peiraos das comópolis ofreceran, rideiros,
Polas bocas fanadas, efímeros mostrarios:
Con brinquedos banais, paixóns para negreiros;
Con sotís lencerías, o fel dos serpentarios.

Mais, no calidoscopio de praias espredentes,
Tres lembranzas boairan, alcesas, ende ben:
Galiza, os novos fillos -tan lonxe e tan presentes!-
-E istes cativos versos que son fillos tamén.

Velaquí están remotos, perdidos, asemade,
Polos mares neboentos que se agachan en min...
Abatidos seus liños dos ventos da saudade,
En percura da encalma, chegan ao teu confín!


Seitura
Fermín Bouza-Brey

Atardece. Fotografía de Sam Rock.


Comentarios

Publicacións populares