Mergullou a cabeza na carlinga. A radio das esferas empezaba a brillar. Unha despois doutra o piloto comprobou as cifras, e quedouse satisfeito. Descubríase solidamente sentado no ceo. Rozou co dedo un traveseiro de aceiro, e percibiu o metal pingando vida: o metal non vibraba, pero vivía. Os cincocentos cabalos do motor xeraban na materia un fluído moi suave, que convertía seu xeo en carne aveludada. Unha vez máis o piloto non experimentaba en voo nin vertixe, nin embriaguez, senón o traballo misterioso dun corpo vivo.
Voo nocturno
Antoine de Saint Exupéry (1900-1944)
Fotografía de © Sam Rock
Comentarios