Iba polo camiño

Iba polo camiño largacío do ceo
pendurando das ponlas frolidas dun luceiro.
Levaba os pés ispidos, Levaba ispido o peito.
Cantaba lene ao lonxe unha cantiga o vento.
Da lelía somentes eu escoitaba o eco.
Solagado, boiando no río silandeiro,
atopábame soio na noite, medoñento,
Soio no corazón do infindo, de xoenllos.

A mañán rebulía,
e na beira do leito,
a madriña surría.


Os relembros
Emilio Pita (1909-1981)


Fotografía de Emilio Blanco

Comentarios

Publicacións populares