FUNDIRASE CO UNIVERSO


Os bosques

Un día reunireime cos bosques. Lonxe dos homes e das cidades, correrei sen alento. Non haberá nin neurose nin psicose, tan só unha tolemia doce e liberadora. Miña carreira troca a voo, a choiva a miña fonte, a terra o meu repouso. Xa non vivirei para min, a miña identidade fundirase co universo; entregándome saberei quen son.

Os bosques reuniranse comigo nunha noite. A da sensación completamente inconsciente do desexo encarnado en xestos. Así ocorre coas nosas pequenas existencias, tan estreitas como vastas poden ser as liberdades que nos agardan.


Eloxio dos bosques tras o portelo dun vagón
Richard Dalla Rossa (Charleville - Mézières, 1974)
Os días da auga. Fotografía de Emilio Blanco.


Comentarios

Publicacións populares