Teño que cruzar este río sen ponte.
Río de augas tan frías,
que conxelan a alma.
Loitar coas súas correntes
sen facer pé, espida.
É un reto persoal;
unha loita corpo a corpo:
A auga e eu, a súa forza e a miña.
Ninguén pode nadar por min,
pero sei que agárdame outra beira.



Milagros Morales García

O outro lado. Fotografía de Sam Rock.

Comentarios

Publicacións populares