Canción do neurasténico
A sabia natureza
deume un cerebro tan malo,
que eu sospeito, en verdade,
que fixo a compra no Rastro.
É un órgano irritable,
caprichoso e tarabelo,
con estrañas fantasías
e bafos e arroutadas.
Ten facianas diferentes,
como o antigo deus Jano:
axiña que solporoso,
débil, triste e amoucado,
como eufórico e ledo,
optimista e arbitrario.
Os médicos pregúntanme
pueris detalles vans,
eu contéstolles de broma,
porque xa me van cargando.
Despois queren definirme
con nomes estrafalarios
-supoño que é por lucirse
ou para pasar o intre.
Que un se cure ou se morra
non é problema de coidado,
a cuestión é aclarar
se o meu interesante caso
áchase no primeiro capítulo
ou contido no cuarto
dun libro de medeciña
dun autor inglés ou galo.
Isto a min figúralleme
que é buscar tres pés ao gato,
e eu, como bo felino,
estou un pouco escaldado.
Agora que a miña enfermidade
non me produce quebranto,
considéroa con sorna,
pois xa non me causa enfado,
e cando me sinto novo,
e cando me sinto ancián,
cando charlo en noviño
ou penso en octoxenario,
cando temo os agoiros
e ocasiónanme espanto,
cando creo nos espíritos
ou son incrédulo nato,
divírtome coas sombras
que me vai dando o gastado
cerebro que levo dentro,
que é un xénero de saldo,
procedente dalgún outro
que o estragou ao usalo.
deume un cerebro tan malo,
que eu sospeito, en verdade,
que fixo a compra no Rastro.
É un órgano irritable,
caprichoso e tarabelo,
con estrañas fantasías
e bafos e arroutadas.
Ten facianas diferentes,
como o antigo deus Jano:
axiña que solporoso,
débil, triste e amoucado,
como eufórico e ledo,
optimista e arbitrario.
Os médicos pregúntanme
pueris detalles vans,
eu contéstolles de broma,
porque xa me van cargando.
Despois queren definirme
con nomes estrafalarios
-supoño que é por lucirse
ou para pasar o intre.
Que un se cure ou se morra
non é problema de coidado,
a cuestión é aclarar
se o meu interesante caso
áchase no primeiro capítulo
ou contido no cuarto
dun libro de medeciña
dun autor inglés ou galo.
Isto a min figúralleme
que é buscar tres pés ao gato,
e eu, como bo felino,
estou un pouco escaldado.
Agora que a miña enfermidade
non me produce quebranto,
considéroa con sorna,
pois xa non me causa enfado,
e cando me sinto novo,
e cando me sinto ancián,
cando charlo en noviño
ou penso en octoxenario,
cando temo os agoiros
e ocasiónanme espanto,
cando creo nos espíritos
ou son incrédulo nato,
divírtome coas sombras
que me vai dando o gastado
cerebro que levo dentro,
que é un xénero de saldo,
procedente dalgún outro
que o estragou ao usalo.
Cancións do suburbio
Pío Baroja
No 60 aniversario do seu pasamento
Imaxe de © Sam Rock
Comentarios