O VENTO ABANEA AS VIDRAS

Cantiga da vindima 

  Antre as retortas cepeiras
frorazón das raparigas 
dalle os acios doce morte 
coas manciñas que acariñan.
O vento abanea as vides 
pra dicirlle adeus aos acios,
do roxo queipo do sol 
escoa o celme dos raios. 
  A verde aperta das vides 
cinge os pescozos das nenas, 
que cortan acios maduros 
e cantan cantigas ledas.
Antre as retortas
cepeiras, frorazón
de raparigas dalle
aos acios doce
morte coas manciñas que acariñan.
O vento abanea as
vidras para darlle o
adeus aos acios, 
do roxo culerio sol
escoa o celme dos raios. 
(A verdeperta das vides
cinge o pescozo das nenas, 
que cortan acios maduros 
e cantan cantigas ledas.) 
Manciñas de
nenas louras antre
follas depenican,
follas das tortas
cepeiras as mornas
fazulas bican.
Florencio Delgado Gurriarán

Fotografías de Sam Rock
Debuxo de Virxilio

Comentarios