BEIRAS DO MAR

Cartel

Parte do cadro Paseo a beiras do mar, tamén chamado en ocasións Paseo pola praia, pintado en 1909 por Joaquín Sorolla. 

A esposa do artista valenciano, Clotilde, perde na cuberta publicitaria a súa filla María Clotilde da que se adiviña un anaco da vaporosa saia movida pola brisa que xorde do mar Mediterráneo.

Con todo, ademais da mutilación, o xigantesco cartel gaña sombras e invasión de artefactos que abundan na paisaxe dunha gran urbe e, ás veces, para afear e entorpecer a visión dunha obra de arte.
Fotografía de Sam Rock

Comentarios

Publicacións populares