CASTELLUM NOVALIS

Erguido

Firmemente erguido en elevado cantil rochoso sobre a canle do Sil e o arroio do seu nome, o castelo de Novaes, cuxa fachada ostenta vitoriosa, no medio de tanta ruína, a cruz sanjuanista, foi durante séculos sede dos comendadores, ou en defecto seu dos gobernadores os seus representantes, capital e centro administrativo de Encomenda. Por iso é polo que moi certeramente a torre, coa cruz de Malta sobreposta, figure no escudo do Concello de Quiroga.

Quiroga. Encomenda de San
Juan L. Antonio Teijeiro


Toponimia

Castelo do latín castellum, diminutivo de castrum.
Novaes, novalis, terreo renovado.

Quiroga, base prerromana cario, á que se lle asigna o significado de pedra, pena. Tamén Karioca, Carioga e Karioga, nome de territorio ou mandación. Queiroa, queirúa, queiruga, nome de planta. Queiroga, sinónimo de carpaza.

Datos recollidos do estudo de Nicandro Ares Vázquez.


Torrenovaes. Fotografía de Sam Rock.

Comentarios

Publicacións populares