O bosque e a chaira

No inverno dáse a caza de lebre sobre os montículos de neve. Temperatura baixa, aire glacial. Ten o ceo unha tinguidura verdoso que fai rechamar as árbores avermelladas.
Logo nos primeiros dias da primavera, cando a chaira rexurde, o sol vén quentar os campos, a consolar á pequena laverca, mentres os torrentes, cheos de escuma, precipítanse de cavorco en cavorco, cun muxido xordo.
É tempo de rematar. Acabo de tocar o asunto da primavera, cuxa imaxe acode moi oportuna. Na primavera a separación é menos penosa. Ata os ditosos senten atraídos cara aos países afastados, onde a natureza sorrí á fantasía e chama aos viaxeiros...


Relatos dun cazador
Iván Turgueniev (1818-1883)


Sendero de los cazadores. Fotografía de Emilio Blanco.


Comentarios

Publicacións populares