O escano

O escano é un banco con respaldo e apoio prós brazos nos exteremos. O grandor depende do da cociña, máis o normal é que caiban nel catro ou cinco individuos sentados.

O escano adoita ser de forma maciza, pesado, xa que non se muda nunca do sitio queocupa que è o preferente arredor do lume.
O escano adoita ser de castiñeiro que, ó se curtir co fume, toma unha fermosa coor escura.

Como única decoración, pode ter algunha sinxela voluta nos extremos anteriores dos brazos e unha moldura nos entrepanos.


A casa
Xaquín Lorenzo

Escano courelano. Fotografía de Sam Rock.

Comentarios

Publicacións populares