O outono

O outono ten a cor dos solpores
eternamente tépedos voando
no berce dos ollos adolescentes
que apreixaban as coxas das mozas.

O outono ten no colo extenso
as margaridas esfolladas
dos pasados incrumpridos.

O outono é o anxo esguío
que revoa no campadal
dos ancios sulagados
no pombal das pombas mensaxeiras
do desencanto.

O outono é unha praciña pequena,
no redondel do peito,esmorecendo
á par de tóldolos carreiros
a rematar sempre en ningures.


Berros en voz vaixa
Antón Tovar


Solpor cara ás illas. Fotografía de Sam Rock.

Comentarios

Publicacións populares