O recuncho de Antonio Vidal

No outono góstalle a todo o mundo quedar na casa,
alí hai dabondo que facer
para todos os días, que son ben pequenos.
Os marxos corzos deixan a súa grea
e agáchanse entemedias dos fentos ateixados.
En percura da cerva dende os outeiros.
As landras maduran moi ben na alta carballeira.
Por rioba da terra pardecenta destácanse rechos os restrollos das searas.

Medran as silvas de agudas espiñas
arredor da fortaleza pardiñeira.
Froito pesado cobre o curo terreo.
Caen as abelás -¡colleita ben boa, abofé!-
das abeleiras do alto do castelo.

Outono
Poema cético de Irlanda, secúlo XI.


Comentarios

Publicacións populares