Outros enfoques

Os concursos fotográficos constitúen un importante foro de promoción da imaxe mediante a presenza de persoas a miúdo descoñecidas pero que teñen tras de si a inquietude artística necesaria para ser recoñecidos pola súa obra. Nese sentido, está o Certamen de Fotografía sobre Cultura Popular, unha convocatoria de la Dirección General de Bellas Artes y Bienes Culturales, do Ministerio de Cultura, que comenzou a súa andaina en 1983 pero como
Certamen Nacional de Fotografía sobre artesanía, tradiciones y costumbres de los pueblos de España, nome que cambiará a partir de 1985 atá 1990, ano este último no que desaparece a convocatoria, hasta voltar en 2001 como o certame que citei en primeiro lugar.



Dacordo con que a fotografía sobre a cultura popular conxuga o seu valor artístico cun carácter documental e constitúe un documento gráfico e antropolóxico de extraordinario relevo para o coñecemento e a difusión dos diferentes modos de vida, tradicións, artes e pensamento dos pobos e individuos de España, de seguro que os centos de participantes nos diferentes certames tiveron moi en conta as bases que animan a convocatoria referida.

Da convocatoria do Certamen Nacional de Fotografía sobre Artes Y Tradiciones Populares, de 1988, recollo dous instantáneas do primeiro premio na modalidade branco e negro, que correspondeu a Juan Pérez de la Torre, pola reportaxe La trilla en Castilla. A explicación das imaxes di:


Nos labores da trilla participaba toda a familia, como pode apreciarse nas fotografías onde hai tres xeracións: avós, pais e neto. As mulleres eran membros activos destes traballos, que adoitaban facerse de sol a sol. 

Creo que sería difícil repetir estas fotografías, pois a mecanización do campo suprimiu doadamente en parte a colleita manual dos cereais.

Outras dous fotografías son a relacionadas co primeiro premio do certame dese mismo ano 1988. Pertecen a Eugenio Monesma Moliner, galardoado por La ramada. A reportaxe afonda no pastoreo nas montañas do Pirineo no verán cando se produce a trashumancia do gando ovino dunhos terreos de pasto á outros.


Esta tarefa desenvolveuse durante século s de xullo a outubro, de acordo sempre coas mesmas rutas, percorridos que se fan por uns camiños e speciais denominados cabañeras. Os chotos son os guías que inician a lenta andaina de oito días. Cada pastor colócalles no pescozo os trucos e cuartizas, con cuxo son atraerán tras de si a todas as ovellas.

O texto da reportaxe engade que velar pola ramada, de cinco mil cabezas de gando e de gran valor económico, chegue o máis completa e sana posible aos portos, é a importante misión que os gandeiros propietarios teñen encomendada ao mayoral, maximo responsable dentro da xerarquía pastoril. Tres pastores máis compoñen o grupo que conduce a ramada.


Comentarios

Publicacións populares