Terra

Terra de noso, carnal e apaixoada,
coroada estás de neve e fermosura:
tés degaros de azul, sede de altura
e unha luz virxinal, case sagrada.

Pois no teu colo a luz fíxose pura,
ensoño delirante, cita certa
que nos leva, sen máis, a descoberta
esencial da paisaxe e a sua fondura.

Cupreso rumoroso, lanza en vela
que decoras de escuro tanto verde
daslle pousada a brisa na Rodela.

Camiña, namorada, a miña arela
dende a Cruz de Outeiro a Vilaverde:
¡gardoa no corazón pra non perdela!

Sonetos ao Val de Quiroga

Manuel María

Fotografía de ©Roque Soto



Comentarios

Publicacións populares