Cometa azul

Despois dunha noite
Dunha de esas noites
Cando parase o vento cun ollar

Despois dun silencio
Tan fondo e lonxano
Perdido no primeiro voo da mañan

Ai Sariña, faime un traxe co vento
Ai Sariña, faime un traxe co vento

Faime subir como a cometa azul
Que fai un tempo era
Un fío de prata ao soltar
Vaime unir a ti,
A ti.

Despois dun silencio
Nunha de esas noites
Cando parase o vento cun ollar
Despois dunha noite
Tan fonda e lonxana
Perdida no primeiro voo da maña

Ai Sariña, faime un traxe co vento
Ai Sariña, faime un traxe co vento

Faime subir como a cometa azul
Que fai un tempo era
Un fío de prata ao soltar
Vaime unir a ti,
A ti.


No manto da auga
Emilio Cao


Fotografía de Emilio Blanco

Comentarios

Publicacións populares