Non me esquezas, agarimo
ao ir volvéndome vello e cano
Só un pequeno detalle
antes de marcharme moi lonxe
Estarei agardando na ladeira
onde crecen as vermellas rosas silvestres
na solaina da montaña
onde corren chapinando as augas
Non te esquezas de todos aqueles anos
de noivado fai moito tempo
nin esquezas aquelas promesas
que me fixeches
Levo moito tempo sen te ver
pero o meu amor mantense aínda
Non te esquezas de min, agarimo
ningún amorío parece rematado
Dime, agarimo, na túa carta
se te acordas algunha vez de min
pregúntome, agarimo,
pregúntome onde poderás estar
Estarei agardando na ladeira
o día que te presentes
na solaina da montaña
onde corren chapinando as augas
Sunny Side Of The Mountain
Jimmy Martin (1927-2005)
Fotografía de Emilio Blanco
Comentarios