Os manantiales sécanse,
ós robres cáenlle as follas;
pero a túa ialma é plena primadera:
non veu máis que unha aurora.
ós robres cáenlle as follas;
pero a túa ialma é plena primadera:
non veu máis que unha aurora.
E en vano oies do mundo,
en vano oies da vida...
Non apagará a túa sede o que outros beben
nas auguas maldecidas.
Mais cando chegue a tarde do teu día
e chegue o teu outono,
ven hastra a miña tomba paseniño,
e deposita nela os teus remorsos.
Follas Novas
Rosalía de Castro
Fotografías de © Roque Soto Soto
Debuxo de Bartuzzi
Comentarios