Froles D'outono


Vede un feixe de froles outonales
que puiden apañar polas campias,
cando menguando sen cesal-os dias
fuxen diante dos ventos inveranales.

Pálidas son, tristeiras, desigoales,
murchas quizáis, arripiadas, frias.
Probes froles que son melanconías
frolecidas nos brancos areales!

Na miña alma reina xa o outono,
sentín no corazón o desengano
fundil-as suas poutas carniceiras,

e inda tolo, agarimando o ensono,
perguntome, e xa o sei que o fago en vano,
estas frores serán as derradeiras?



Do outono
Gonzalo López Abente (1878-1963)


Fotografías de Sam Rock




Comentarios

Publicacións populares