É un forasteiro descoñecido, un estraño como soía dicirse en tempos, que anda polos campos, seca os millos e amera as colleitas. Algunhas veces, tamén envenena as fontes.
Cóntase dun paisano que viña de volta de América e aía a pé a súa aldea; parou onde unha fonte para tomar unha menciña. Os veciños de por alí arrodeárono e dixéronlle:
Ti es lambirón.
Quixo explicarse en galego para dicirlles quen era e donde viña, máis non llo permitiron. Dicíanlle:
¡Fala na túa fala!
Atopáronlle unha caixa onde levaba uns selos da botica, e dixéronlle que eran para envenenar a fonte. El xurou e perxurou que non era veneno, fixéronlle tomar tódolos selos dunha vez. El levou un susto que pensou que morría ; foi á botica, mais por sorte, dixéronlle que non había dúbida.
Mitoloxía. Relixión. Superstición
Vicente Risco
Terra de lendas, fotografías de © Emilio Blanco.
Comentarios