Vés por unha rúa
de fontes e de raíces.
Vés por unha rúa
de pedras e de nubes,
de luces verticais,
da fecundidade
do vento entre as viñas.
Eu veño dunha noite
de azuis conmovidos
pola emoción do paxaro
que chegaba do frío
coa dor dun lento
pingar das horas.
Nunha beira ti,
que vés dos ríos
vexetais do lume,
dos astros en xiro.
Na outra beira eu
cercado pola escura
ausencia dos hortos,
pola eclipse opaca
da luz no sangue.
Por onde non vai ninguén
vés ti como vén
o silencio do sol,
a súa promesa quente.
Acórdaste? Onde estabamos
o tempo era na auga
un transcurso calado,
unha corrente escura,
un sopro de silencio.
Na rúa do aire
a baixamar do tempo
desembocaba no túnel
ingrávido do soño.
Pola rúa do aire...
de fontes e de raíces.
Vés por unha rúa
de pedras e de nubes,
de luces verticais,
da fecundidade
do vento entre as viñas.
Eu veño dunha noite
de azuis conmovidos
pola emoción do paxaro
que chegaba do frío
coa dor dun lento
pingar das horas.
Nunha beira ti,
que vés dos ríos
vexetais do lume,
dos astros en xiro.
Na outra beira eu
cercado pola escura
ausencia dos hortos,
pola eclipse opaca
da luz no sangue.
Por onde non vai ninguén
vés ti como vén
o silencio do sol,
a súa promesa quente.
Acórdaste? Onde estabamos
o tempo era na auga
un transcurso calado,
unha corrente escura,
un sopro de silencio.
Na rúa do aire
a baixamar do tempo
desembocaba no túnel
ingrávido do soño.
Pola rúa do aire...
Santos Domínguez Ramos (Cáceres, 1955)
Fotografía de © Sam Rock
Comentarios