As precursoras

As galegas Concepción Arenal e Emilia Pardo de Bazán foron pioneiras reivindicando o acceso das mulleres á educación como primeiro paso para elevar a sùa dignidade e mellorar a súa condición social.

Rosalía de Castro rachou, na súa vida e obra literaria con arquetipo de muller romántica. Rosalía denunciou coa súa pluma as inxustizas que sometía á nosa nación e puxo de manifesto a miseria e aldraxe que afectaban dun xeito especial ás mulleres galegas.

Tamén tería unha importante repercusión pública a monfortina Juana de Vega, de pensamento liberal e asidua aos ambientes progresistas nos que se movían destacadas figuras decimonónicas como o Capitán Solís, alzado en armas contra o centralismo en 1846.

Da exposición: Feminismo Galego. Cambios sociais e dereitos das mulleres, que percorre Galicia e estes días se atopa en Vigo.





Comentarios

Publicacións populares