Last train to Clarksville

Despois do partido de fútbol aínda tiñas folgos para desenfundar a túa guitarra española e cantar aquela canción dos Monkees que escoitamos tantas veces na televisión. De verdade, as rapazas do colexio de monxas sempre gostaban da túa entonación inglesa. Logo pasou o noso tren e viaxamos en direccións contrarias. Ti morriches nun lonxano lugar deses que tanto se enchen de xentes que fuxen, pero acordeime da túa entonación cando escotei outra vez Last train to Clarksville saída da fondura da gorxa de Cassandra.


Desde a ponte. Fotografía de © Roque Soto

Fotografía de © Peter Lewis







Comentarios

Publicacións populares