Atacama
Voz insufrible, ciscada
sal, substituida
cinza, ramo negro
que no seu cabo perlado aparece a lúa
cega, por corredores enloitados de cobre.
Que material, que cisne oco
afunde na area o seu espido agónico
e endurece a súa luz líquida e lenta?
Que raio duro rompe a súa esmeralda
entre as súas pedras indomables ata
callar o sal perdido?
Terra, terra
sobre o mar, sobre o aire, sobre o galope
da amazona chea de corais:
adega amontoada onde o trigo
dorme na tremente raíz da campá:
oh nai do océano!, produtora
do cego xaspe e a dourada sílice:
sobre a túa pura pel de pan, lonxe do bosque,
nada senón as túas liñas de segredo,
nada senón a túa fronte de area,
nada senón as noites e os días do home,
pero xunto á sede do cardo, alí
onde un papel afundido e esquecido, unha pedra
marca os fondos berces da espada e a copa,
indica os durmidos pés do calcio.


Canto xeral, no sesenta aniversario da súa publicacción
Pablo Neruda

Fotografía de Gerhard Hüdepohl

Dedicado a Anouna

Comentarios

Publicacións populares