Outros enfoques
Alfonso Sánchez Portela (1902-1990) é sen dúbida un dos fotógrafos máis senlleiros do século XX que se curtiu desde moi novo no estudo do seu pai e nas rúas madrileñas, antes de dar o salto cara ao reporterismo de guerra, unha das súas tantas facianas dentro da fotografía, eido no que deixou máis de 500.000 negativos, mostra da inxente tarefa que foi recoñecida ata pola Real Academia de Belas Artes, ao ser primeiro fotógrafo en ser nomeado membro numerario de devandita entidade. A mirada de Alfonso está presente nalgúns dos momentos máis destacados de historia contemporánea de España.
Fotografía de José González Marín, as mans do rapsoda (1940)
As solas rotas de Don Ramón María del Valle Inclán (1932)
Praza da Morería (1951)
Comentarios