Desde un esquivo lugar

Desde un esquivo lugar
que nunca quixo tratar
máis que ó lobo, seu señor,

xentil piñeiro repara:
¡Oh, cánta neve o separa
dunha cerdeiriña en flor!

Inadvertida vive ela,
e el non sabe duna estrela,
que tantas noites o ollou,

¡miña xoia!, co deseo
de desprenderse do ceo
en que seu fado a cravou.




Do ermo
Antonio Noriega Varela


Fotografías de © Emilio Blanco




Comentarios

Publicacións populares