Homenaxe 4
Estes poemas breves, á maneira dos haikus, adicados o vello e querido maigo Uxío Novoneira -sempre no recordo- chegaron a min un atardecer frío con chuvia fina do mes de decembro, cando percorrendo os camiños da miña infancia dun neno en Outeiro de Courel, lembrei o seu último adeus. Xa moi maliño, díxome: "¡Perfecto Hilario". Na miña soidade e na contemplación das montañas, cos cumes nevados, viñeron á miña memoria, naquel vento, con caricia fría e co ritmo do silencio da terra, quelles versos de Os Eidos, versos da esencialidade poética ós que o meu ser poético dialogante respondeu sincera e sinxelamente.
O ceo
o ucedo
os penedos
o cello do Inverno.
(Ó Uxío poeta total, ó home poeta, á súa poesía de sempre)
O Courel, súa voz
a palabra no tempo
e o tempo nel.
(E ó Uxío amigo, á súa humanidade e xenerosidade)
O escano na porta
a casa sempre aberta
o pan, o viño
... e os amigos!
Hilario González Fernández
nadal 1999
Texto recollido na revista Cartafol, nº 2, Papeis para a Paz, do IES Ánxel Casal MonteAlto A Coruña, de 30 de xaneiro de 2000, Día da Paz e de Castelao.
Fotografías, en branco e negro, da revista Cartafol, e a de color, feita con motivo da presentación en 1981 da edición de Os Eidos, a cargo de Xerais. Grazas a Hilario e a xente de Quiroga pola súa colaboración para que Uxío sexa recordado como o grande poeta que é.
Comentarios