Postais galegas
Luís Seoane López (1910-1979) ven a este apartado en parte polo centenario do seu nacemento en Buenos Aires, fillo dos emigrantes galegos Luís Seoane Brocos e María López Mosquera. Nesta ocasión recordo a faciana de Seoane como ilustrador de libros escritos por galegos. O seu nome está vencellado a moitas obras da literatura galega da segunda metade do século XX, como as que aquí se expoñen, unha mínima parte da ampla producción de Seoane no eido da ilustración relacionada coa edición de libros, aínda que a súa tarefa intelectual tocou outros ámbitos culturais nos que amosou vocación e entrega.
Comentarios