AS FIESTRAS TARAREAN
...
As fiestras marmulan
Cando caen despeluxadas
As choivas dos primeiros fríos
Que enchoupan os adeuses
As fiestras tararean
Cando se levanta no outono
O vento que entrega
As rúas aos namorados
As fiestras calan
cando o inverno tranquilízaas
E a neve espesa
Vén pecharlles os ollos
Pero as fiestras comadrean
Cando pasa unha muller
Que vive na calella
Onde entran os señores
....
Jacques Brel
Postal desde a expo. Sam Rock.
Comentarios