Coma un sono

Río Soldón, de escumas puras
na cascada, antre rochas vermellas
fita azul
ao pé da serra Rocaboa!

Deus, un día,
abríu gorxas de luz
nista montaña galega

e ficou saudoso,
a soñar.



Sequeiros, Outono, 1969
Eduardo Moreiras


Dedicado a Milucho and family


Fotografías na Chapacuña e entorno no río Soldón, de © Emilio Blanco.















Comentarios

Publicacións populares