Un home
Cando ao loitar pola patria
pérdese un brazo, xorde o medo:
En diante,
farei todo a medias.
Recollerei, a metade
da colleita dos campos.
E ao practicar no piano
só tocarei a melodía
ou o acompañamento,
pois non estou capacitado para toda a partitura.
Só golpearei
cun puño
nas ríxidas portas,
e o meu amor deixarase abrazar
só a medias.
Hai cousas que nunca farei,
por exemplo,
aplaudir nas grandes festas.

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Dende ese instante, todo o fará
dúas veces.
E en lugar do brazo descallado
creceralle unha á.



Nina Cassian


Fotografía de ©Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares