Xa non quero sabelo
Non sei quen es
Non sei de onde vés
E xa non quero sabelo.
Non sei quen sodes, mozos arrogantes de piquete
Encontrados a outra mañá na rúa
Parecidos aos vosos semellantes, saídos do mesmo molde
Moldeados na suficiencia, encristados na parvada.
Decíame a min onte, nun sono utópico:
Detrás da vosa camisa, ao outro lado da barra de ferro
Non hai can, senón, a pesar de todo, unha persoa.
Cidadáns, cidadás: formade de catro en fondo
Que se vexa unha soa cabeza, a oulear a consigna ben aprendida.
Os sospeitosos ao bote; os sen teito, fichados;
As paxaras, tías porcas; os motoristas, anarquistas;
Os negros, ao cocoteiro; os maricas, a que os capen;
E ti, esa furgoneta, non pode pasar, ímola queimar.
Anaco parasito, máis valeríache traballar, non me veñas co conto de que estás no paro.
Erades moitos, berrando pola rúa a vellas medrosas
Coa fermosa prestancia que dá o poder.
Na esquina estaba eu, que non teño unha pinta demasiado sospeitosa,
E outro moreno deses que desarraigamos
Para que recollan as nosas merdas e aos que medio pagamos.
Os piquetes ben adestrados non ven máis que a aparencia, son como os polis, no fondo desexan ser como eles.
Identifícate fillo de puta
O home saca unha carteira do seu peto
De onde es, es un madeiro?
Permiso de traballo, permiso de residencia
Permiso de respirar, permiso de existir
Con xesto enfurecido e con desprezo un arráncalle a carteira
E pásallo a outro que debe ser a besta intelixente do rabaño.
Outro máis gracioso que o anterior recolle a carteira que é lanzada ao chan cheo da merda que os animais esparexen na súa escorrentada.
Sen unha mirada, sen unha palabra o tipo agáchase
Unha man amable faino caer de cu.
Decenas de risas enfermizas resoan na rúa.
E os robots vanse cara a outras heroicidades.
Por un membro dun piquete ferido,
Zafarrancho de combate, tres milenios de humanidade están ameazados.
Alerta xeral, convocatorias multitudinarias.
Isto non pode continuar.
Por cinco millóns de fulanos e fulanas humillados con toda impunidade
Cantas lineas nos xornais, cantos reportaxes na tele?
Cantas publicacións oficiais enfurecidas?
Inclínome, vomito, sento ganas de esnaquizalo todo.
Versión libre de Je ne veux plus le savoir, de François Beranger
Foto de axencia
Comentarios