Seabra

Un día voltarei ao mar fragoso
por onde alguén cruzou sen saber nada:
o almallo abeberando na valgada,
o fulgor dun regato impetuoso.

Polos rueiros ermos, novo esposo
dunha neve, andarei, e da lufada,
e comerei alleira e perfumada
vitela, que ali ten o corpo groso.

Sentados no patín verei os vellos
sorrindo, xa cumprido o seu labor,
amarfañando a vida entre os xoellos.

E pola chaira que asombrou o azor
-acenan apenas, vivas de coellos-
he de ir à raia no sol-pór.


Lembranza do areal
Xavier R. Baixeras

Fotografía de © Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares